jueves, 24 de mayo de 2007




Sabes?
Gústame xogar coas incertezas
e ti es sempre tan incerto...
Dualidade monologal:
inventar presencias para espantar ausencias

Pero sempre todo é tan vacío
que procuro adiantarme ó adiante
(chámase soñar)
Procuro disimular o fracaso abrazándome
e dáseme tan, tan ben que case podo xurar...
... que non te necesito

_burbulla

miércoles, 23 de mayo de 2007

Non escribo, non fago poesía,
quizá só describa con palabras bonitas
a realidade que miro.
Só é realidade vestida de noite.


_aughinha
...moi atrofiados polo calor
polo trono que cala.
Copas á beira do precipicio das mesas
nas que flota un xeo
no mar de negra esperanza
que meto dentro, din, por vicio.
Un suspiro que queimei,
manualidades de sentimento.


_aughinha

martes, 22 de mayo de 2007

A miña flor levantou e murchou
comeuna a xeada
fundiu na noite
pétalos murchos noutras mans
outra vez me quedo só
conversando co amor
de novo a soas entre fume
prendo a chama
e subo a música
xa case non oio a soidade
petando na porta

domingo, 20 de mayo de 2007

Quero que me descarnes
-con moderada precisión
pero con descaro-
[así pasaremos a eternidade]

... Cando só sexa lembranza
volverei disfrutar das palabras cativas,
das desorientacións non buscadas,
das loucuras en días de sol e chuvia
sempre inesperados (eses que nos gustan tanto)

E alí, alí onde volverei ser nena sen xeografía
buscareite entre os meus dez
vinte
trintamil puntos cardinais.

E ti (coma sempre), saberás
certamente,
onde encontrarme



_burbulla

sábado, 19 de mayo de 2007

Volvo por ela...

... coma sempre que se perde. Sempre se esconde moito, e eu sempre tardo moito en encontrala. Os reencontros son sempre tan doces, tan amargos, tan luxuriosos, tan cativos, tan feroces, tan bonitos que sempre parece que é diferente. Falo da preponderancia do ser, sabes? encontrala é coma encontrate, como encontrar. Sempre é marabilloso volver a encontrar. Pero é tan perigoso que non a todo o mundo llo aconsello...
E eu sigo perdido en mesturas dunha man e dobladillos pra logo respirar e firmarmos sen boli. Unha ventana a un pensamento compartido aqui se abre, unha xaneliña pola que non entra o frio. Perigosos os dias que, ainda de resaca, volvo por ela coma quen perdeu todo na noite... Nada se atopa mais ca cinzas, borrallas doutros cafés. Algun tizon ainda arde coa esperanza de prender.