domingo, 20 de mayo de 2007

Quero que me descarnes
-con moderada precisión
pero con descaro-
[así pasaremos a eternidade]

... Cando só sexa lembranza
volverei disfrutar das palabras cativas,
das desorientacións non buscadas,
das loucuras en días de sol e chuvia
sempre inesperados (eses que nos gustan tanto)

E alí, alí onde volverei ser nena sen xeografía
buscareite entre os meus dez
vinte
trintamil puntos cardinais.

E ti (coma sempre), saberás
certamente,
onde encontrarme



_burbulla

2 comentarios:

Noa dijo...

nestes momentos... con tódalas circunstancias deste preciso instante (incluindo a tele ;b) paréceme perfecto.

Anónimo dijo...

Moita forza. Pasión