miércoles, 10 de diciembre de 2008

O meu amor só pretende tacto de caricia
só rodear tua cintura.

sábado, 12 de julio de 2008

Unha mao durmida e inconsciente
toma outra atrevida sen conciencia
que finxe a inconsciencia
e con a licencia
que por ventura e dez minutos me concedes
aventuro a desabotoar
dous botons do teu peito
e baixas pasions desconhecidas
e pouco recomendables
despois de dous pitillos mal fumados
e desculpas sen razon
a vontade é durmir na propia cama
que polo sol das once dorme no chau
con a complicidade da noite
escurecida polos ollos fechados
mergulla no sonho acordado
pola lembranza da lingua
a facer incursios na boca prohibida.

sábado, 28 de junio de 2008

O amante non é amado como ama
nen palabra é dita coma é ouvida
nunca calan aqueles fillos de puta da esquina
a risa é de motivo partilhado
patilha a expresión e non o motivo
aquelo que ferve dentro
é merda importate
non son conversas de borrachos
nen putas de luxo
é a chuvia que se deita com a rúa

sábado, 9 de febrero de 2008



Se eu son a creadora...
... permíteme a licencia de inventarte.

E concíbote verde, libertario

[un pouco punki, quizais].

Cando existas,

-díxolle a mamá ó neno-

prométoche que fumaremos herba

mirando como o sol se mete na auga

alá na Cosa da Morte.

E durmiu, feliz.

Créndose creado.


domingo, 3 de febrero de 2008

Non hai sentimentos
sustentados dun pau podre
dunha mirada com o sorriso
e do cheiro doce da tua pele
puiden toca-lo que gostei
mas non soben garda-la tua dozura
libertina e fugaz
ainda doe o recordo
e a lua pola que agardamos
vai demorar un mes
vou agardar na soidade de meu quarto
non hai suspiros nocturnos
aderezados dunha paixon
que agora acho mentira
e continuo a verte manha.

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Ah fodida menina de cabelos centeo
fodida mentira, fodida bruxa
con chaquetón preto
e calzas laraxas
que dis cando sorris
que cona falas cando ris
non fazes nada
con xeito deixante teu guante en meu rechairo
non sei como topei o cheirinho
na humidade das escadas
tenho os meritos de nada
colgando dun tendedeiro
arriba, no meu cuarto
que fas, que me deixas ir
inda me doi a min mais
andas a busca-lo que?

sábado, 22 de septiembre de 2007

Maldita esta xeada
calome polas manhas
fico á espera
non hai sol
só cando durmo
desperto
polas xanelinhas sei a hora
non me pasa o tempo pra te ver
sei que non te volverei bicar