sábado, 9 de febrero de 2008



Se eu son a creadora...
... permíteme a licencia de inventarte.

E concíbote verde, libertario

[un pouco punki, quizais].

Cando existas,

-díxolle a mamá ó neno-

prométoche que fumaremos herba

mirando como o sol se mete na auga

alá na Cosa da Morte.

E durmiu, feliz.

Créndose creado.


domingo, 3 de febrero de 2008

Non hai sentimentos
sustentados dun pau podre
dunha mirada com o sorriso
e do cheiro doce da tua pele
puiden toca-lo que gostei
mas non soben garda-la tua dozura
libertina e fugaz
ainda doe o recordo
e a lua pola que agardamos
vai demorar un mes
vou agardar na soidade de meu quarto
non hai suspiros nocturnos
aderezados dunha paixon
que agora acho mentira
e continuo a verte manha.